Familias Portal Educativo Xunta de Galicia

Familias Portal Educativo Xunta de Galicia
Neste portal terás acceso a toda a información, programas, novas relacionadas coa educación en Galicia. Moi interesane e moi útil

domingo, 16 de septiembre de 2012

PRESENTACIÓN.

Primeira entrada deste novo blog que estará intimamente ligado ao outro blog ENGANCHAR.T que iniciamos no ano anterior. 
Neste caso so queremos servir de axuda ás familias aportando informacións e enlaces atopados na rede relacionadas coa educacion, buscando deste xeito un maior coñecemento do traballo que se realizan no centro e de como aprenden os nosos fillos, cales son os mellores materiais que se poden empregar, que axudas precisan, e como debemos actuar cos nosos alumnos e fillos e fillas para que entre todos logremos formar un bo equipo de traballo.
Con todo isto esperamos que entre uns e outros poidamos ofrecer unha educación de calidade, e unha axuda fundamental para a maduración do noso alumnado, e sobre todo romper o mito de que escola e familia non se entendan. Con un pequeno esforzo de tódalas partes, estamos seguros que lograremos avances importantes.
Por último soamente animar a todos/as a participar neste novo proxecto que iremos ampliando con mais recursos en liña para facilitar o contacto entre todos os sectores que formamos parte deste gran proxecto que é a educación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario