Familias Portal Educativo Xunta de Galicia

Familias Portal Educativo Xunta de Galicia
Neste portal terás acceso a toda a información, programas, novas relacionadas coa educación en Galicia. Moi interesane e moi útil

martes, 3 de diciembre de 2013

Hoxe é un novo día, un novo día despois de moitos meses no que este blog estivo parado. A verdade é que o traballo díario nas clases, nos grupos de apoio e acompañamento cos alumnos fóra do horario escolar fixeron que o meu tempo se fixera moi xusto para poder atender a tantas cousas que a miña mente pensa, soña e pretende levar adiante.
Pero agora, unha vez iniciado un novo curso,  xa reposto (relativamente) do desgaste do tempo pasado, tento de novo re-iniciar de novo a actividade de promover a reflexión con vós, cos pais dos nosos alumnos. Esperemos que este sexa un lugar de axuda, de estimulación de cambios necesarios para un plantexamento mais eficaz do noso esforzo de cara a educación dos nosos menores. Busquemos todos xuntos un cambio de actitude, de enfoque, e de estilo para que deste xeito logremos que os nosos nenos e nenas logren ser felices, adultos con criterio, con decisións, con visións claras e críticas ante o que lles rodea e polo tanto ser uns ciudadáns humáns, colaboradores, solidarios e que busquen e LOGREN facer deste un mundo mellor.
Un saúdos a todos e a todas que empreguedes este pequenísimo espazo de educación.
 Como primeiro enlace desta nova tempada incluirei un video de YOUTUBE no que se recompilan catro traballos nos que se pretende que reflexionemos sobre a influencia que exercen sobre os nosos fillos o noso xeito de actuar e de afrontar as circunstancias da nosa vida. 
PARA VER O VIDEO CLICA SOBRE A IMAXE OU O TÍTULO DO VIDEO.
http://www.youtube.com/watch?v=FrtD7ZLQa0Q

No hay comentarios:

Publicar un comentario